IURISTICGAL
X XORNADA DE INFORMÁTICA
XUDICIAL E DELITOS
INFORMÁTICOs
PRIVACIDADE, XENÉTICA E INTELIXENCIA ARTIFICIAL
Aforo Limitado Emisión por Streaming
Coñece IuristicGal
X XORNADA DE INFORMÁTICA XUDICIAL E DELITOS INFORMÁTICOS
Seminarios sobre a informática xudicial, a ciberseguridade e a protección de datos.
O obxectivo destas xornadas é informar e concienciar aos xuristas e outros profesionais forenses dos avances en materia xurídica e probatoria nos casos en que interveña o factor informático no proceso, así como dos importantes beneficios da incorporación e uso das novas tecnoloxías no propio proceso xudicial, así como sensibilizar sobre a axuda que poden prestar os peritos informáticos nas causas xudiciais e as claves de valoración da proba informática. O obxectivo último non é outro que o de dotar de maior seguridade xurídica á nova realidade tecnolóxica á vez que incrementar a efectividade e a eficiencia da nosa administración xudicial e dos nosos profesionais de xustiza co uso das novas ferramentas electrónicas e forenses avanzadas.
IURISTICGAL 2021
Privacidade,
xenética e
intelixencia artificial
Relatores
A intervención dalgúns dos mellores expertos nacionais e internacionais, así como o apoio de relevantes entidades colaboradoras neste evento constitúe unha valiosa garantía de éxito.

Pilar Nicolás Jiménez
Profesora de Dereito e GI Cátedra de Dereito e Xenoma Humano da UPV/ EHU
X XORNADA DE INFORMÁTICA XUDICIAL E DELITOS INFORMÁTICOs
Esta actividade realízase no marco do Convenio de Colaboración asinado entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica (Amtega) e o Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica Informática de Galicia (CPETIG) para a realización de actuacións de formación, capacitación e promoción no ámbito das tecnoloxías da información en Galicia.

O GaiásTech actuará como eixo vertebrador da rede de nodos existentes en Galicia e esta actividade enmárcase no contexto do Nodo galego de ciberseguridade CIBER.gal, que é unha estrutura de cooperación que implica ao conxunto de Administracións Públicas do territorio galego nesta materia, e en coordinación coas organizacións de referencia a nivel nacional, INCIBE e CCN para o desenvolvemento de actividades que permitan concienciar e capacitar á cidadanía, ás empresas e ás administracións públicas de Galicia en relación á ciberseguridade co obxectivo de garantir unha contorna dixital segura e afrontar de maneira colaborativa os retos neste eido.