
Coñece Iuristigal
XI XORNADA DE INFORMÁTICA XUDICIAL E DELITOS INFORMÁTICOS
Seminarios sobre dixitalización administrativa, entendemento entre dereito e tecnoloxía e investigación de ciberdelitos no metaverso.
A undécima edición destas xornadas, que este ano realiza unha retrospectiva polas edicións anteriores, volve a ser o epicentro do diálogo sobre a modernización do sistema xudicial, onde informar e concienciar aos xuristas e outros profesionais forenses sobre as últimas iniciativas postas en marcha para impulsar a modernización xudicial.
Esta actividade que converte a Galicia nun punto de encontro e networking, aborda este ano temas como a investigación de ciberdelitos nunha realidade que evoluciona cara ao metaverso o cal será un dos eixos temáticos destacado desta edición que busca afondar nas posibilidades que ofrece este novo mundo para o sistema xudicial. Ademais, abordaranse outras temáticas como a dixitalización da Administración de Xustiza en Galicia, o estado actual e futuro do sistema xudicial e, a defensa dos dereitos fundamentais nun mundo dixital.
Programa
- 8:45
- Acreditacións
Recepción e acreditación
Recepción e entrega de material

- 9:00
-
Apertura
XI IURISTIGAL
Marcos mata
Presidente do CPETIG
julián cerviño
Director de AMTEGA - Xunta de Galicia
José Tronchoni
Director Xeral de Xustiza - Xunta de Galicia

- 9:50
- 2º Relatorio
- 20 minutos
María José García Sexto - Amtega
Plan Senda 2025 - Dixitalización da Administración de Xustiza en Galicia

- 10:50
- Descanso
- 30 minutos
Descanso café

Participantes

XI XORNADA DE INFORMÁTICA XUDICIAL E DELITOS INFORMÁTICOS
antoloxía 2010 - 2022
Esta actividade realízase no marco do Convenio de Colaboración asinado entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica (Amtega) e o Colexio Profesional de Enxeñería Técnica en Informática de Galicia (CPETIG) para a realización de actuacións de formación, capacitación e promoción no ámbito das tecnoloxías da información en Galicia.
O GaiásTech actuará como eixo vertebrador da rede de nodos existentes en Galicia e esta actividade enmárcase no contexto do Nodo galego de ciberseguridade CIBER.gal, que é unha estrutura de cooperación que implica ao conxunto de Administracións Públicas do territorio galego nesta materia, e en coordinación coas organizacións de referencia a nivel nacional, INCIBE e CCN para o desenvolvemento de actividades que permitan concienciar e capacitar á cidadanía, ás empresas e ás administracións públicas de Galicia en relación á ciberseguridade co obxectivo de garantir unha contorna dixital segura e afrontar de maneira colaborativa os retos neste campo.