Relatora

Carmela Troncoso

carmela-troncoso

Carmela Troncoso

Profesora na Escola Politécnica Federal de Lausana, Suíza.

4º Relatorio

12:15 - 12:45

A privacidade pódese garantir aínda en tempos de pandemia

Carmela Troncoso é profesora na Escola Politécnica Federal de Lausana ( EPFL) en Suíza onde dirixe o laboratorio SPRING.

O seu traballo céntrase en analizar e implementar sistemas seguros que preserven a privacidade.

Troncoso ten un Ph.D. en enxeñería de KULeuven (Bélxica). A súa tese, Métodos de deseño e análise para tecnoloxías de privacidade, recibiu o premio ao mellor doutoramento do Consorcio Europeo de Investigación para Seguridade Informática e Matemática e Xestión da Confianza, e o seu traballo en enxeñería de privacidade recibiu o Premio de Protección de Privacidade CNIL- INRIA en 2017. Foi nomeada 40 menores de 40 en tecnoloxía por Fortune en 2020.”