Relator

Juan G. Corvalán

Juan-Gustavo-Corvalan

Juan G. Corvalán

Fiscal Xeral Adxunto de Buenos Aires, Arxentina

1º Relatorio

9:15 - 9:45

A intelixencia artificial como apoio do labor xudicial: a automatización da Xustiza

Juan G. Corvalán é avogado pola Universidade de Buenos Aires, Doutor en Ciencias Xurídicas e actualmente está a realizar o Postdoctorado na Universidade de Sorbonne/París. É creador e desarrollador de Prometea: a primeira intelixencia artificial preditiva ao servizo da xustiza.

É Profesor de Dereito Administrativo de grao e posgrao na Universidade de Buenos Aires. É Profesor visitante da Mestría en Dereito Dixital da Universidade París Pantheón- Sorbonne.

É xuíz por concurso de oposición e antecedentes do foro Contencioso Administrativo e Tributario da Cidade de Buenos Aires e actualmente desempeña o cargo de Fiscal Xeral Adxunto no Contencioso Administrativo e Tributario ante o Tribunal Superior da Cidade de Buenos Aires.

É autor das seguintes obras “Condicións obxectivas de punibilidade”, Astrea, prologada por Eugenio Zaffaronni, “Dereito Administrativo en Transición”, Astrea, prologada por Juan Carlos Cassagne, “Estado constitucional e división de poderes”, Astrea, e Raíces do poder discrecional do Estado, prologada por Alberto Bianchi. Publicou máis de 60 artigos en Arxentina e no estranxeiro. 

É Director do Diario DPI (Dereito para innovar).