Víctor Salgado
Avogado TIC, @ abonauta
moderador Mesa redonda
12:10 - 13:00
O Dereito e a Tecnoloxía, ¿enténdense como deberían?
Socio Director da firma referente en Galicia de Dereito TIC, Pintos & Salgado Avogados, premiada en 2015 como “ Boutique Data Protection Law Firm of the Year in Spain” por Global Law Experts e en 2017 como “ Boutique New Technologies Law Firm of the Year in Spain” por CorporateINTL, especializado desde 1997 en Dereito Informático e Comunitario e autor do blogue “ Abonauta”, nomeado para o Premio ao mellor Blogue Xurídico 2010 por Dereito en Rede e a Editorial Bosch.
Licenciado en Dereito e Diplomado Superior en Xestión Empresarial pola Universidade CEU San Pablo de Madrid, primeira promoción do Máster en Estudos da Unión Europea da Universidade da Coruña e Máster no Regulamento Xeral de Protección de Datos da UNED/UNED, auspiciado pola Axencia Española de Protección de Datos ( AEPD). A súa tese de Licenciatura en 1999 centrouse nos “Aspectos Xurídico-comunitarios sobre Internet: A Sociedade da Información” obtendo a Suficiencia Investigadora como Doutorando na mesma Universidade.
Profesor de Dereito Informático na Facultade de Dereito da Universidade da Coruña, é tamén socio-fundador do Capítulo Galego da Internet Society ( ISOC- GAL) e da “Asociación de Expertos Nacionais da Avogacía TIC” ( ENATIC).
No ano 2000 foi incluído nas listas de Expertos da Comisión Europea para avaliar Proxectos de I+D relacionados coa Sociedade da Información.
Obtivo o “ EuroPriSe Legal Expert Certificate” do primeiro selo de Privacidade Europeo auspiciado pola Comisión Europea en 2008 e foi recoñecido co “ European Certificate on CiberCrime and e- Evidence” ou Certificado Europeo en Cibercrimen e Proba Electrónica, auspiciado igualmente pola Unión Europea.
No ano 2015, foi designado como Profesor do Master en Avogacía Dixital e Novas Tecnoloxías da Universidade de Salamanca, para a materia de Firma electrónica e Servizos de certificación.
En 2017, recibiu o Premio “10 anos conectade@” no 10º aniversario do Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia (CPEIG).
En 2019, foi certificado como Delegado de Protección de Datos pola AEC baixo o Esquema de Certificación da AEPD e de ENAC.
Publicou diversos artigos en boletíns e revistas especializadas, tanto a nivel nacional como internacional, sobre Aspectos Xurídicos do Comercio Electrónico, a lexislación en materia de Protección de Datos, os Dereitos de Autor na internet, a Criminalidade Informática ou a regulación dos Nomes de Dominio, entre outras.
Relator en numerosas conferencias académicas e profesionais sobre distintos ámbitos relacionados co Dereito Informático e Internet.