Xoves 20 Outubro
Cidade da Cultura de Galicia.

ANTOLOXÍA 2010 - 2022

Presentación

Quedo claro que estes últimos anos marcaron un cambio na forma en que se relacionan as persoas, no seu día a día, e tamén como o fan coa Administración. Neste novo modelo de interacción dixital no que xorden grandes oportunidades pero tamén importantes retos para a Administración de Xustiza, os maiores desafíos diríxense cara a protección dos dereitos fundamentais.

A investigación de ciberdelitos nunha realidade que evoluciona cara ao metaverso será un dos eixos temáticos destacado desta edición, que busca afondar nas posibilidades que ofrece este novo mundo para o sistema xudicial.
Ademais, abordaranse outras temáticas como a dixitalización da Administración de Xustiza en Galicia, o estado actual e futuro do sistema xudicial e, a defensa dos dereitos fundamentais nun mundo dixital.

Este ano a xornada realiza unha retrospectiva polas edicións anteriores, e volve a converter a Galicia nun punto de encontro e networking, onde coñecer as últimas iniciativas postas en marcha para impulsar a modernización xudicial.

Obxectivo

Esta undécima edición que se realizará de forma presencial nun horario intensivo de mañá, estará formada por con cinco relatorios e unha mesa de debate, aberta, ca participación de todos os asistentes.

A intervención de grandes especialistas, así como a participación de destacadas entidades colaboradoras, constitúe unha valiosa garantía para asegurar a súa exitosa realización.

Esta xornada, organizada polo Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica Informática de Galicia, coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da AMTEGA, forma parte das actuacións de formación, capacitación e promoción no ámbito das tecnoloxías dá información en Galicia. A mesma está desenvolta baixo a dirección técnica de Víctor Salgado, avogado-socio do bufete Pintos & Salgado.

Onde se Celebra

A XI Xornada Xudicial, terá lugar no Auditorio Neira Vilas, situado na Cidade da Cultura de Galicia – Santiago de Compostela.

O auditorio leva o nome do escritor Xosé Neira Vilas, autor da publicación “Memorias dun neno labrego”, considerada a novela mais lida e traducida das letras galegas.

Neste espazo, unha biblioteca onde se preserva a memoria bibliográfica de Galicia, consérvanse copias de tódolos libros editados en galego, escrito por galegos ou con Galicia como protagonista.

Como Chegar

AUDITORIO XOSÉ NEIRA VILAS

Cidade da Cultura de Galicia,
Edificio Biblioteca e Arquivo de Galicia, Monte Gaiás, s/n, 15707 ,
Santiago de Compostela - A Coruña

Esta actividade realízase no marco do Convenio de Colaboración asinado entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica (Amtega) e o Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia (CPETIG) para a realización de actuacións de formación, capacitación e promoción no ámbito das tecnoloxías da información en Galicia.

O GaiásTech actuará como eixo vertebrador da rede de nodos existentes en Galicia e esta actividade enmárcase no contexto do Nodo galego de ciberseguridade CIBER.gal, que é unha estrutura de cooperación que implica ao conxunto de Administracións Públicas do territorio galego nesta materia, e en coordinación coas organizacións de referencia a nivel nacional, INCIBE e CCN para o desenvolvemento de actividades que permitan concienciar e capacitar á cidadanía, ás empresas e ás administracións públicas de Galicia en relación á ciberseguridade co obxectivo de garantir unha contorna dixital segura e afrontar de maneira colaborativa os retos neste eido.

¿Desexas asistir ao IuristicGal 2022?

Organizadores e Colaboradores

ORGANIZACIÓN

colaboradores

Dirección técnica