Prensa

Abertas inscricións para #IURISTICGAL18: ‘Privacidade, blockchain e ciberseguridade’

A xornada, que se celebrará o 10 de outubro na Cidade da Cultura, ten por obxecto profundizar na nova realidade tecnolóxica derivada do blockchain e nos conceptos de privacidade e ciberseguridade, analizando as súas implicacións xurídicas.

A edición deste ano abordará, entre outros temas de actualidade, as consecuencias da irrupción das criptomonedas, con centos de monedas virtuais no mercado baseadas nesta tecnoloxía que mobilizan millóns de euros diariamente, no que representa unha das maiores revolucións tecnolóxicas recentes. O máis innovador radica na súa tecnoloxía base, a rede blockchain, que permite dotar da máxima seguridade a entornos públicos e descentralizados e todo apunta a que vai extenderse a outros moitos servizos e ao propio funcionamento da rede.

Para presentar unha visión integral do entorno, #IURISTICGAL18 reunirá un panel de expertos nas distintas materias. Santiago Márquez Solís, CTO en Clluc e autor del libro “Bitcoin: guía completa de la moneda del futuro”, ofrecerá o relatorio “Blockchain e a lei”. Luis de Salvador Carrasco, subdirector xeral adxunto da Inspección de Datos da AEPD, falará de “Privacidade e dereitos fundamentais na Sociedade da Información”. Silvia Barrera, inspectora da UIT da Policía Nacional, intervirá sobre “Investigación de ciberdelitos nun mundo dixital”, completándose o panel de relatores con Eloy Velasco, maxistrado da Audiencia Nacional, e a súa intervención “Efectividade na persecución dixital de delitos e a súa validez probatoria. ¿É suficiente? ¿Como podemos mellorar?”

A xornada rematará coa mesa redonda: “Quo vadis seguridade TIC-xurídica?”, moderada por Víctor Salgado, avogado TIC e director técnico de IURISTICGAL18. Finalmente, unha comida networking, á que asistirán os relatores e o público participante, poñerá fín á xornada.

A Amtega e o CPETIG colaboran na celebración da VI Xornada de Informática Xudicial

Un ano máis o encontro porá á disposición dos profesionais do ámbito xudicial de Galicia relatorios de expertos sobre os últimos avances e ferramentas na investigación dos delitos informáticos

Dirección Técnica

Organiza

Colabora