Silvia Barrera

Silvia Barrera

Biografía

É  inspectora de Policía, na actualidade en excedencia. Fundou e dirixiu o grupo de investigación en redes sociais así como o departamento forense dixital da Unidade de Investigación Tecnolóxica da Policía. Dirixiu e foi integrante de grupos de traballo en EUROPOL e INTERPOL.

Consultora en ciberseguridade e solucións tecnolóxicas para transformación dixital. Experta en cibercrime, escritora, colabora como formadora en universidades e institucións así como en medios de comunicación. Colabora con Atresmedia Digital con su blog “Internet, Ciudad con Ley”, é autora dos libros “Claves de la Investigación en Redes Sociales” e “Instinto y Pólvora”. Recibiu varios premios e recoñecementos polo seu labor de escritora divulgadora e durante a súa traxectoria profesional policial en ciberseguridade.

Intervención de Silvia Barrera

12:10

Investigación de ciberdelitos nun mundo dixital