Out 07, 2018 / by admin / Non hai comentarios

Terá lugar o 10 de outubro na Cidade da Cultura, organizada polo CPETIG e Amtega

Santiago. O vindeiro 10 de outubro terá lugar na Cidade da Cultura #IURISTICGAL18, a VIII Xornada de Informática Xudicial que organiza o CPETIG en colaboración coa Amtega.

Nesta VIII edición a xornada leva como título Privacidade, blockchain e ciberseguridade e os seus contidos, estruturados en catro relatorios e unha mesa redonda, que están orientados a afondar na nova realidade tecnolóxica derivada do blockchain e nos conceptos de privacidade e ciberseguridade, analizando as súas implicacións xurídicas.

A sesión abordará, entre outros temas de actualidade, as consecuencias da irrupción das criptomoedas, con centos de moedas virtuais no mercado baseadas nesta tecnoloxía que mobilizan millóns de euros diariamente, no que representa unha das maiores revolucións tecnolóxicas recentes.. Para presentar unha visión integral do entorno, #IURISTICGAL18 reunirá un panel de expertos nas distintas materias. Santiago Márquez Solís, CTO en Clluc, ofrecerá o relatorio Blockchain e a lei. Luis de Salvador Carrasco, subdirector xeral adxunto da Inspección de Datos da AEPD, falará de Privacidade e dereitos fundamentais na Sociedade da Información.

El Correo Gallego